Colección Metro
(O que queda) despois de Occidente
_______________________
Esta colección dá cabida a todo tipo de estudos sobre o pasado español, e europeo e occidental por extensión, que contribúen a historiar a súa dobre condición de metrópole imperial en declive e de estado nacional en construción.
Partimos do declive relativo do estado nacional como unidade política na era da globalización para interesarnos por España como un caso extremo de dificultade á hora de construír unha identidade nacional lexítima a escala territorial. A partir de aí, interésannos todo tipo de enfoques históricos que contribúan a unha mellor comprensión do pasado español como nación, estado, sociedade ou cultura ó longo da modernidade, afastándose de lugares comúns e consensos establecidos acerca do que se coñece como Historia de España.
Falamos de despois de España porque unha vez admitida a crecente perda de centraliade de Occidente e do estado nacional a escala global, España pode empezar a ser abordada ante todo como unha realidade do pasado. E a partir desta historización é como mellor pode finalmente observarse como un produto histórico, superando as perspectivas esencialistas que fundamentan a narración da historia nacional e, en ocasións, as das súas alternativas territoriais a escala rexional.
A colección subtitúlase “despois de Occidente” ou de Europa, pois España fai aquí as veces de epítome de toda a aspiración universalista e esencialista xenuinamente occidental que agora parece destinada a ser pensada historicamente.
Para dar contido a esta colección buscamos todo tipo de obras que contribúan a unha reescritura xeral da historia española na modernidade e na súa inserción transnacional. Tamén documentos de época e testemuños que balizan as alternativas á cultura política dominante en cada contexto histórico da modernidade española, europea ou occidental.
O interese é por estudos sobre aspectos dos últimos tres séculos de historia española, europea e occidental, cun especial fincapé na etapa máis recente, que se abre coa transición á democracia postfranquista. Tamén incluímos ensaios xerais e antoloxías de textos que achegan ó universo de culturas sociais e políticas radicais marxinadas ou descoidadas polas grandes narrativas pero que botan unha luz determinante para a comprensión das dinámicas históricas dominantes e as narracións oficiais.
TÍTULOS
- Noelia Adánez (ed.), El pueblo invisible. Para una historia de España desde abajo
- François Godicheau (coord.), Democracia inocua. Lo que el posfranquismo ha hecho de nosotros
- Pablo Sánchez León, Abundancia y frustración. Por una historia conceptual de la economía en la modernidad latinoamericana
- Ariel Jerez y Pablo Sánchez León (eds.), Con la memoria de una República por venir. Conversaciones intergeneracionales sobre identidades antifranquistas y democracia
- Equipo CCR (coord.), Memoria de combate. (Auto)biografía oral de Miguel Romero “Moro”
- Federico Ruiz de Lobera, Crónica de un reportero profano. Veintidós reportajes entre el campo y la ciudad
Novembro 2015
- Eduardo Haro Ibars, Cultura y memoria “a la contra”. Artículos en Triunfo y Tiempo de Historia (1974-1985).