Colección Post
(O que queda) despois do coñecemento
_________________
Os textos editados nesta colección ofrecen ferramentas para pensar o presente historicamente. Tamén para imaxinar o futuro historicamente.
Todo coñecemento está situado sempre: comporta algún tipo de posicionamento moral ou ideolóxico, sexa expreso ou tácito; e prodúcese por medio dalgunha bagaxe analítica, sexa en forma de conceptos, supostos ou teorías máis ou menos formalizadas. Pero ademais existe un xeito de abordar o coñecemento, que a miúdo se atopa inserta de xeito non reflexivo no pensamento de numerosos autores, sexan intelectuais, académicos, literatos ou cidadáns en xeral, e que consiste en observar e avaliar os problemas do presente historicamente.
Ese pensar historicamente afecta tamén ó propio coñecemento, que pode así ser visto como o que queda unha vez que se efectuou unha abordaxe histórica do proceso mesmo de coñecer.
Esta colección interésase por todo o que ten que ver con pensar o presente e o futuro historicamente. Entran nela exemplos dese xeito de coñecer, e sobre todo ferramentas para desenvolvela e facela máis explícita, aumentando a conciencia histórica dos cidadáns. Tamén entran nela todo tipo de reflexións e aproveitamentos que contribúen ó rearme teórico e metodolóxico no estudo do pasado.
Interésanos dende a historiografía á crítica de formatos epistemolóxicos, pasando pola deconstrucción de narrativas admitidas de modo convencional, consensos explicativos ou interpretacións herdadas acerca do pasado, etc.
Trátase en suma, de establecer lazos e vínculos sólidos entre as Ciencias Sociais e as Humanidades a través da reflexión sobre o pasado.
TÍTULOS
- Slavoj Zizek, Lenin herido de muerte por una bala en la Estación Finlandia
- Juan Mayorga, El dramaturgo como historiador
- Edward Fulbrook, Pluralismo narrativo
- Leopoldo Moscoso, Agnotología y educación ciudadana
- VV., ¿Qué hacemos con el pasado? Catorce textos sobre historia y memoria