Donación

Colección ANCESTROS

Colección Ancestros
(O que queda) despois do individuo

________________________

 

Esta colección acolle textos que abordan todo o universo do situado máis alá, pero tamén máis acá, da condición de individuo portador de dereitos e membro de grupos sociais ou territoriais.

A hipótese en que se sustenta é que detrás da cidadanía moderna autoimposta e universalizada dende hai varios séculos polos occidentais encóntranse, encontrámonos, uns indíxenas cuxas trazas morais resístense, aínda que dun modo máis ben inconsciente, á súa supresión por uns valores da modernidade cos que conviven e se mesturan provocando unha complexidade psicolóxica non exenta de grandes curtocircuítos, traumas e alteracións da personalidade.

Falamos así de espiritualidade, pero non como alternativa ou sinónimo de relixión, menos aínda de seita ou igrexa, senón por referencia á re-ligio etimolóxica, é dicir, os actos, procedementos e rituais que nos religan cos nosos iguais e semellantes e cos outros en xeral, só a partir dos cales podemos con certo éxito reunir e dar sentido ás nosas distintas partes interiores e roles exteriores, condición para calquera forma de transcendencia, que pasa nese sentido a segundo plano. Aínda que non podemos a estas alturas suprimir xa a unha longa herdanza cultural individualista nin suplantar sen máis por outros os eixes que vertebran unha condición xurídica e un imaxinario como individuos, polo menos estamos en condicións de facernos cargo da súa herdanza, pero non só dende a crítica teórica senón ante todo dende un intento de transgresión ou superación.

Recuperar o comunitario dende unha perspectiva non intelectual senón máis antropolóxica ou moral, que afecta ó máis elemental da vida social e á sensación de dignidade e autoestima, é o obxectivo ó que intentan contribuír os textos desta colección. Entre eles inclúense tamén o achegamento a experiencias culturais de tribos e grupos ancestrais e a reactivación das súas tradicións rituais na actualidade.

As maneiras en que o século XXI transitará por ese terreo post-individual (e post-individualista) son o centro de interese desta colección que intenta reivindicar que o futuro da cidadanía ten que ver con algún xeito de reencontro (e reinvención) dunha ancestralidade que nunca se rematou de disolver, e á que seguimos pegados, se ben dun modo máis ben inconsciente cando non negativo.

 

Neste caso, o pensar histórico substitúese por unha operación previa: o coñecemento e recoñecemento dunha condición moral e cultural que temos inserta nos nosos mecanismos máis básicos de comportamento, os que teñen que ver co desexo, as emocións e o significado da existencia en común e as relacións cos outros.

Anna Siemsen

Impresiones de España, libro ilustrado (1937)

16.00
Alberto Tena Camporesi

Los orígenes revolucionarios de la renta básica

14.00
Bobby Seale

Agarrar el tiempo

20.00
Un Hijo del Pueblo

Las jornadas de julio [de 1854]

18.00
Antonio Pérez

Pequeña historia de la llamada Acracia

12.00
Eduardo Haro Ibars

Cultura y memoria «a la contra»

17.00
Cargando
Verified by ExactMetrics