Colección POST

Colección POST

Colección Post
(O que queda) despois do coñecemento

_________________

 

Os textos editados nesta colección ofrecen ferramentas para pensar o presente historicamente. Tamén para imaxinar o futuro historicamente.

 

Todo coñecemento está situado sempre: comporta algún tipo de posicionamento moral ou ideolóxico, sexa expreso ou tácito; e prodúcese por medio dalgunha bagaxe analítica, sexa en forma de conceptos, supostos ou teorías máis ou menos formalizadas. Pero ademais existe un xeito de abordar o coñecemento, que a miúdo se atopa inserta de xeito non reflexivo no pensamento de numerosos autores, sexan intelectuais, académicos, literatos ou cidadáns en xeral, e que consiste en observar e avaliar os problemas do presente historicamente.

 

Ese pensar historicamente afecta tamén ó propio coñecemento, que pode así ser visto como o que queda unha vez que se efectuou unha abordaxe histórica do proceso mesmo de coñecer.

 

Esta colección interésase por todo o que ten que ver con pensar o presente e o futuro historicamente. Entran nela exemplos dese xeito de coñecer, e sobre todo ferramentas para desenvolvela e facela máis explícita, aumentando a conciencia histórica dos cidadáns. Tamén entran nela todo tipo de reflexións e aproveitamentos que contribúen ó rearme teórico e metodolóxico no estudo do pasado.

 

Interésanos dende a historiografía á crítica de formatos epistemolóxicos, pasando pola deconstrucción de narrativas admitidas de modo convencional, consensos explicativos ou interpretacións herdadas acerca do pasado, etc.
Trátase en suma, de establecer lazos e vínculos sólidos entre as Ciencias Sociais e as Humanidades a través da reflexión sobre o pasado.

 

 

TÍTULOS

 

  1. Slavoj Zizek, Lenin herido de muerte por una bala en la Estación Finlandia

 

  1. Juan Mayorga, El dramaturgo como historiador

 

  1. Edward Fulbrook, Pluralismo narrativo

 

  1. Leopoldo Moscoso, Agnotología y educación ciudadana

 

  1. VV., ¿Qué hacemos con el pasado? Catorce textos sobre historia y memoria

Comments are closed, but trackbacks and pingbacks are open.