Colección METRO

Colección METRO

Colección Metro

(O que queda) despois de Occidente

_______________________

Esta colección dá cabida a todo tipo de estudos sobre o pasado español, e europeo e occidental por extensión, que contribúen a historiar a súa dobre condición de metrópole imperial en declive e de estado nacional en construción.

 

Partimos do declive relativo do estado nacional como unidade política na era da globalización para interesarnos por España como un caso extremo de dificultade á hora de construír unha identidade nacional lexítima a escala territorial. A partir de aí, interésannos todo tipo de enfoques históricos que contribúan a unha mellor comprensión do pasado español como nación, estado, sociedade ou cultura ó longo da modernidade, afastándose de lugares comúns e consensos establecidos acerca do que se coñece como Historia de España.

 

Falamos de despois de España porque unha vez admitida a crecente perda de centraliade de Occidente e do estado nacional a escala global, España pode empezar a ser abordada ante todo como unha realidade do pasado. E a partir desta historización é como mellor pode finalmente observarse como un produto histórico, superando as perspectivas esencialistas que fundamentan a narración da historia nacional e, en ocasións, as das súas alternativas territoriais a escala rexional.

 

A colección subtitúlase “despois de Occidente” ou de Europa, pois España fai aquí as veces de epítome de toda a aspiración universalista e esencialista xenuinamente occidental que agora parece destinada a ser pensada historicamente.

 

Para dar contido a esta colección buscamos todo tipo de obras que contribúan a unha reescritura xeral da historia española na modernidade e na súa inserción transnacional. Tamén documentos de época e testemuños que balizan as alternativas á cultura política dominante en cada contexto histórico da modernidade española, europea ou occidental.
O interese é por estudos sobre aspectos dos últimos tres séculos de historia española, europea e occidental, cun especial fincapé na etapa máis recente, que se abre coa transición á democracia postfranquista. Tamén incluímos ensaios xerais e antoloxías de textos que achegan ó universo de culturas sociais e políticas radicais marxinadas ou descoidadas polas grandes narrativas pero que botan unha luz determinante para a comprensión das dinámicas históricas dominantes e as narracións oficiais.

 

 

 

 

TÍTULOS

 

  1. Noelia Adánez (ed.), El pueblo invisible. Para una historia de España desde abajo

 

  1. François Godicheau (coord.), Democracia inocua. Lo que el posfranquismo ha hecho de nosotros

 

  1. Pablo Sánchez León, Abundancia y frustración. Por una historia conceptual de la economía en la modernidad latinoamericana

 

  1. Ariel Jerez y Pablo Sánchez León (eds.), Con la memoria de una República por venir. Conversaciones intergeneracionales sobre identidades antifranquistas y democracia

 

  1. Equipo CCR (coord.), Memoria de combate. (Auto)biografía oral de Miguel Romero “Moro”

 

  1. Federico Ruiz de Lobera, Crónica de un reportero profano. Veintidós reportajes entre el campo y la ciudad

 

 

 

Novembro 2015

 

  1. Eduardo Haro Ibars, Cultura y memoria “a la contra”. Artículos en Triunfo y Tiempo de Historia (1974-1985).

Comments are closed, but trackbacks and pingbacks are open.